O XV Memorial Alejandra Fernández premia á vela infantil e xuvenil dos Optimist e ILCA

17 Decembro 2022
Foto Juan Caballero

O Real de Portosín celebrou unha xornada festiva coa gran cita da Festa da Vela, integrando o XV
Memorial Alejandra Fernández e a recta final do Trofeo Repsol de Cruceiros.

Esta miscelánea congregou a un destacado elenco de veleiros da clase pesada, así como un bo número de embarcacións de vela lixeira que representaban ás modalidades do Optimist e ILCA.
O Dracco, de Pablo Oliver, foi o brillante vencedor da regata dos Cruceiros levándose, ademais, o premio como gañador da Clasificación do RCN Portosín de 2022. Na prata seguiulle o Virginiano, de Juan Anxo
Concheiro, sendo o bronce para o Lubeca, de Manuel Antonio Calo.
Respecto ao Memorial Alejandra Fernández, os vencedores das respectivas clases foron, en Optimist Sub 13, Mario Calzadilla; en Optimist Sub 15, Uxía Botana; en ILCA 4, Carla Sánchez; e en ILCA 6, Pelayo Gómez.
O encontro serviu tamén de marco para a entrega dos premios de tempada, tanto nos cruceiros como en vela lixeira, que se disputaron ao longo deste ano 2022 co apoio nesta última cita de Repsol e Gadis.
A entrega de premios contou coa asistencia do presidente da entidade social, a súa comodoro e o vicecomodoro, Jorge Arán, Fernando González e José García, respectivamente, así como de Jorge Fernández, pai da Alejandra Fernández, e José Gaciño, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín.

Precisamente, o Real de Portosín será o primeiro club de Galicia en iniciar a tempada de 2023 coa regata que celebrará o 7 de xaneiro coa XX Trofeo Presidente.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.