A finde cultural en Rianxo vén con música, literatura e festivais de Nadal

16 Decembro 2022

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu as súas actividades culturais para esta finde comprendida entre o 16 e o 18, actividades que teñen como epicentro o Auditorio Municipal e que veñen da man do Concello e das entidades culturais da contorna rianxeira e galegas en xeral. Haberá música, literatura, festivais de Nadal e máis a presentación da nova edición de Vacacións en Paz a prol das crianzas saharauís.

VENRES 16 DE DECEMBRO

  • 19.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Concerto, Arte de piano do alumnado de Ilona Timchenko. Máis información.
  • 21.00 h – Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Presentación do manifesto, Máis alá! de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Máis información.

SÁBADO 17 DE DECEMBRO

  • 12.00 h – Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Charlas informativas sobre o programa de acollida vacacións en paz. Máis información.
  • 20.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo. Máis información.

DOMINGO 18 DE DECEMBRO

  • 11.30 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Festival de Nadal da Escola de música de Rianxo. Máis información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.