Alumnado do CEIP Praia Xardín mergúllase na cultura e no patrimonio pobrense

15 Decembro 2022

Preto de corenta estudantes dos últimos cursos da primaria do CEIP Praia Xardín, de Boiro,
a través do club de lectura, achegáronse neste 15 de decembro ata A Pobra do Caramiñal para asistiren aos itinerarios guiados que oferta o Concello para a divulgación da cultura e do patrimonio da localidade.
A xornada arrancou no Museo Valle-Inclán para coñeceren máis sobre a historia do inmoble, así como a vida e obra do escritor Ramón del Valle- Inclán. Posteriormente, unha das técnicas do Turismo ofreceulles unha ruta do patrimonio cultural, desprazándose a edificios históricos como a propia casa consistorial ou Villa Eugenia.
Como agasallo, fíxoselles entrega de exemplares de O meu bisavó, ademais de material de promoción do turismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.