Seis mozos e mozas da provincia protagonizan en Rianxo este venres a xornada Arte de Piano

15 Decembro 2022

O Auditorio de Rianxo acollerá este venres 16 de decembro, ás 19.00 horas, a xornada Arte de Piano. Este evento, organizado pola Asociación Peregrinos Musicales co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Rianxo e o CSM Galicia, ofrecerá a actuación de 6 novos talentos da provincia con idades comprendidas entre os 16 e os 24 anos.

Máis concretamente, participarán Martín M. Chaves Fraga (Brión); Alonso Pinilla Villamor (A Coruña); Dasha Rosinskij Prokopenko (A Coruña); Yuri Durán Castro (A Pobra do Caramiñal); Michelle Peña (Ribeira) e Aurelia Melcher Dominic (Santiago de Compostela). Estas novas promesas da música están unidas pola pianista e profesora do CSMG de Valga e presidenta da Asociación Peregrinos Musicales, Ilona Timchenko. O repertorio escollido para esta ocasión inclúe obras de recoñecidos compositores como Chopin, Beethoven, Mampou, Scriabin ou Rachmaninoff.

A entrada á xornada Arte de Piano é de balde. Desde a Asociación Peregrinos Musicales anímase á poboación a participar nesta actividade musical.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.