Emilio Palacio afirma que o Rotogal Boiro Voleibol está xogando “ao límite”

15 Decembro 2022

M.A.- O Rotogal Boiro Voleibol visita pasadomañá (sábado 17 ás 17.00 horas) ao Unicaja Almería. En principio, Martín Casais será a única baixa do equipo da Cachada, que buscará os seus primeiros puntos do curso na pista do vixente campión. Sobre o duelo contra os andaluces, o técnico Emilio Palacio explica que “eles cambiaron bastante con respecto á pasada tempada e notárono. Non están a facer o seu mellor ano; saben que teñen un bo persoal, pero non están a acabar de funcionar. De todas as maneiras, será moi difícil gañarlles, porque hai moitas diferenzas entre os dous persoais. Para facelo, teriamos que xogar ao 100% e ter máis acerto en ataque. Estamos a xogar ao límite, estamos ao facer moi ben, pero fáltanos o toque final”.

Sobre o rendemento do Rotogal Boiro Voleibol, Emilio Palacio sinala que “non se lle pode pedir máis ao equipo, estamos a sacar ao límite, recibindo ao límite… Fáltannos cousas en ataque, porque o único xogador ofensivo que temos é Gaby del Carmen e sería inxusto pedirlles a outros como Alan Davila ou Mario Iglesias que fixesen quince puntos ou máis por partido”.

O partido contra Unicaja Almería será o primeiro da segundo volta da Superliga. Con respecto á traxectoria do Rotogal Boiro Voleibol ata o de agora, Emilio Palacio manifesta que “competimos nalgúns partidos, pero, lamentablemente, non puidemos sumar ningún punto. O feito de non poder incorporar aos xogadores estranxeiros afectounos tamén no plano anímico. O positivo é que os rapaces novos están a aproveitar a situación e estano facendo moi ben. Non temos o mesmo persoal que outros equipos, pero esperemos saír para arriba na segundo volta”.

Outros artigos

Boiro saca a licitación a reforma do mercado de abastos

O Concello de Boiro anunciou a contratación das obras de reforma do mercado de abastos, cun orzamento basee de licitación de 145.657 euros e un prazo de execución de tres meses. Este proxecto conta co cofinanciamento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...