Egeria reedita Vocabulario de Paradela coa colaboración de Política Lingüística

15 Decembro 2022

Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, o colectivo Egeria (dirixido polo colaborador de O Barbanza, Xulio Xiz) impulsou a reedición do libro Vocabulario de Paradela, de Manuel-Ramiro Pallares López, que foi presentado este mércores 14 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Manuel-Ramiro Pallares, escritor, investigador, avogado e secretario de Administración local, naceu na Abelaira (Paradela) en 1911, e morreu en 1994 en Paradela (Lugo), onde residía desde a súa xubilación. Investigou na cultura e na lingua do seu concello, e froito desas investigacións escribiu un refraneiro e un cancioneiro (que non se deron recuperado ata agora) e o devandito Vocabulario de Paradela, do que a primeira edición foi publicada pola Deputación Provincial de Lugo en 1990.

Estando totalmente esgotada aquela primeira edición, trinta e dous anos despois, o Concello de Paradela impulsou unha segunda edición facsimilar da anterior, de acordo co Servizo de Publicacións da Deputación e a familia do escritor, con motivo de que Paradela celebre os 200 anos da súa creación como Concello.

Este Vocabulario, unha obra “exhaustiva e profunda”, segundo salientaron os participantes na presentación, comprende as partes do corpo, nomes de familia, partes da casa, o carro e instrumentos de labranza, moblaxe, traballo do campo, da casa e artesán, muíño, festas, indumentaria, alimentos, plantas, animais, o tempo… e resulta “un instrumento imprescindíbel para comprender a vida e a sociedade do concello de Paradela”.

A edición do libro correu a cargo do Colectivo Egeria e o Concello de Paradela, dentro das actividades do bicentenario, nas que colabora Endesa e da Xunta de Galicia.

Participaron na presentación Marcelino Agís, decano de Filosofía da USC, Manuel González, da RAG, Valentín García, secretario Xeral de Política Lingüística, José Manuel Mato, alcalde de Paradela, Xesús Ferro, da RAG e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.