O BNG da Comarca de Muros e Noia chama á mobilización este domingo18, para demandar medidas contra a crise de prezos

14 Decembro 2022

Representantes do BNG da Comarca de Muros e Noia chamaron este mércores en Noia á mobilización este domingo, día 18, na manifestación que sairá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela, que ten lugar no marco da campaña que desenvolve a formación nacionalista para demandar medidas contra a crise de prezos.
A responsable comarcal do BNG, Sol Agra, fixo un chamamento á mobilización social, “non podemos resignarnos, non podemos quedar na casa lamentándonos mentres vemos como nós cobramos as pensións e os salarios máis baixos do Estado e pagamos as autoestradas e a luz máis caras que no resto dos territorios”.
Os nacionalistas propoñen unha serie de medidas a nivel estatal e galego para frear a crise de prezos. Reivindican unha “tarifa eléctrica galega para compensar a problemática xerada pola xeración de enerxía no noso territorio”.
Acompañada de concelleiros da comarca, Sol Agra, falou do inxusto que é o incremento de orzamento para defensa mentres se deterioran servizos públicos como a sanidade e a educación. Considerando que “isto non é unha crise, é unha estafa”, xa que as grandes empresas eléctricas e os bancos seguen a ter beneficios multimillonarios mentres as familias teñen que decidir se pagar a hipoteca, a factura da luz ou dar de comer as súas fillas e fillos.”
O portavoz do BNG de Noia, Ricardo Suárez, puxo de manifesto “a necesidade de tomar tamén a iniciativa desde o ámbito municipal”. Suárez lembrou as promesas desde a alcaldía de Noia en 2016 para desenvolver vivenda protexida no caso histórico da vila. A pesar destes anuncios, dixo, “non se volveu a saber nada do tema, e a parcela que estaba cedida á Xunta para construír vivenda protexida no barrio de San Lázaro tamén foi devolta ao Concello”.
No ámbito enerxético, o portavoz do BNG de Noia, mencionou a medida aprobada no pleno de novembro para bonificar o autoabastecemento e a eficiencia enerxética nas vivendas. “Grazas á nosa proposta, en xaneiro os grupos municipais discutiremos como implementar estas bonificacións fiscais no IBI e no ICIO, axudar ás familias a aforrar na factura eléctrica é unha cuestión prioritaria para o BNG”, afirmou Suárez.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.