Adrián Alves e Gaby del Carmen disputarán o partido das estrelas da Superliga

14 Decembro 2022

M.A.- O partido das estrelas da Superliga, que se disputará o mércores 28 de decembro en Guadalajara, contará coa participación de dous xogadores do Rotogal Boiro Voleibol: o líbero Adrián Alves e o receptor Gaby del Carmen. Ambos formarán parte do equipo branco.

Gaby del Carmen disputará o partido das estrelas da Superliga por segunda vez na súa carreira; xa participou no que se celebrou na campaña 2017-2018. Para Adrián Alves, capitán do Rotogal Boiro Voleibol, trátase da primeira ocasión en que tomará parte na cita.

Por outra banda, o Rotogal Boiro Voleibol visita este sábado (ás cinco da tarde) ao Unicaja Almería no que será o último partido antes do parón do Nadal. Posteriormente, os de Emilio Palacio retomarán a Superliga co derbi galego ante o Emevé o sábado 7 de xaneiro ás sete da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.