
A Pobra do Caramiñal acollerá o Trofeo de Nadal Atletismo Barbanza no 18 de decembro, a partir das 11.00 horas, no Estadio Municipal da Alta. Segundo informou o departamento municipal de Deportes, o evento reunirá as probas de lanzamento de peso (da sub-14 en diante), salto triplo (a partir da sub-16) e carreiras de metros lisos en distintas distancias ata a categoría absoluta.
Os premios consistirán en medallas e trofeos. As inscricións realizaranse en liña ata as 22.00 horas do día 15. No caso da modalidade prebenxamín deberanse remitir ao enderezo electrónico santiago@atletismo.gal.
Organizan a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA), coa colaboración da Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).



