Concello da Pobra e Moura suman forzas nun festival solidario a favor dos animais

13 Decembro 2022

A Pobra do Caramiñal recadará fondos cos que contribuír á defensa dos animais nun festival
solidario organizado pola Protectora Moura coa colaboración da Administración local.
O evento celebrarase no 17 de decembro, ás 21.30 horas, no toldo da praza Alcalde Segundo Durán, onde haberá música en directo. Os artistas convidados son Pito de Pikasso, Os Bar Ban Sónicos e La Duendeneta.
Haberá tamén tapas, bebidas, sorteos e repartirase material divulgativo das campañas realizadas conxuntamente co Concello para a sensibilización da cidadanía sobre o benestar animal.
A concelleira do Benestar Animal, Estefanía Ramos (Nós Pobra), reitera o apoio da Administración local ao tecido asociativo do municipio e ás iniciativas que presentan. En concreto, para esta cita, cederá mobiliario, o palco e a mesa de son e luces. Tamén enxalza o labor desta protectora coa que se traballa diariamente.
Froito deste empeño, no presente ano acadáronse as 200 adopcións tal e como apunta a tesoureira de Moura, Natalia Brión, quen engade que a acción se focaliza a nivel comarcal, se ben ás veces tamén se colabora con outras entidades do panorama galego cando se require. Así mesmo, traslada o seu agradecemento ás empresas patrocinadoras e ás bandas que ofrecerán os concertos de xeito altruísta.
En representación dos grupos que actuarán, Manel Casal, de Os Bar Ban Sónicos, anima á veciñanza a achegarse ata este festival para apoia-lo esforzo desta protectora.
A entrada é libre ata completa-la cabida. Os donativos do público destinarase para que a protectora poida sufraga-los gastos veterinarios e de alimentación dos animais aos que presta asistencia. Habilítase tamén unha fila 0 para aquelas persoas que non poidan asistir, pero desexen igualmente face-la súa achega.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.