Nadal en Rede (Política Lingüística) leva a Ribeira e Boiro espectáculos sobre o corpo humano e O Apalpador

13 Decembro 2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este 13 de decembro a programación dunha nova edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística impulsado polo departamento que dirixe García. A axenda arrinca este venres 16 e levará actividades para público familiar a unha vintena de concellos, incluídos dous da nosa comarca: Ribeira e Boiro. O secretario xeral explicou na edición deste ano apóstase por actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. E, por suposto, na lingua propia de Galicia.

A primeira das actividades será como dixemos este venres 16, no Centro Social de Pontecesures coa proposta Fazulas e o ladrón de paraugas. Trátase dunha iniciativa da compañía teatral Bandullo Azul, protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.

O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para darlle resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura collido á empuñadura dun paraugas.

Esta peza que trata de sensibilizar a cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos pasará tamén polos concellos de Campo Lameiro (sábado 17), Salceda de Caselas (mércores 21), Poio (xoves 22), Vigo (venres 23), Foz (mércores 28), Rodeiro (mércores 28), Valdoviño (xoves 29), Laracha (venres 30) e Lalín (venres 30).

A programación inclúe tamén o contacontos O Apalpador e os Monifates, unha proposta “orixinal e divertida” que combina o contacontos arredor dunha figura senlleira do Nadal galego coa música e os monicreques danzantes, un tipo de títere tradicional recuperado pola compañía Os Monifates, responsábel do espectáculo. Poderá verse o domingo 18 en de Malpica de Bergantiños, o venres 23 en Boiro, o sábado 24 no Porriño, o mércores 28 en Cospeito e o venres 30 en Carballedo.

Por último, a edición deste ano tamén contempla un concerto didáctico-sensorial para bebés de 0 a 3 anos no que a actriz Cristina Collazo, a través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, realiza unha viaxe de descuberta polo corpo curioso dos nenos e das nenas (desde os seus dediños que exploran a natureza ata a sorpresa da auga na súa cara). A finalidade é que os cativos deixen voar a súa imaxinación e, con ela, saian a percorrer o mundo.

A iniciativa contará con sesións dobres nas localidades de Ribeira, o sábado 17; Narón, o mércores 21; O Carballiño, o venres 23; Monforte de Lemos, o martes 27, e O Barco de Valdeorras o xoves 29 de decembro.

Toda a información sobre o programa e o calendario de actividades está dispoñíbel no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.