A Pobra mantén aberta a inscrición na Campaña da Neve 2023

12 Decembro 2022

A Campaña da Neve 2023 desenvolverase en Valgrande-Pajares (Asturias) co obxectivo de fomentar a práctica de deportes de inverno entre a rapazada de toda a provincia con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos.

Trátase dun programa impulsado pola Deputación da Coruña que conta coa participación, entre outras moitas entidades, da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal , da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).

A Pobra ten concedidas sete prazas correspondentes coa terceira quenda, que transcorrerá do día 27 ao 30 de xaneiro.

O documento de solicitude xa está ao dispor na páxina web www.apobra.gal. Esta deberase entregar debidamente cuberta no rexistro do Concello. O prazo de presentación remata no 16 de decembro, ás 14.00 horas.

Terán preferencia os/as rapaces/as que non tomasen parte en ningunha campaña da neve previa da institución provincial. No caso de recibir máis solicitudes ca prazas concedidas, farase un sorteo público no salón de plenos do Concello, ás 13.00 horas do día 19 de decembro, e as persoas admitidas serán avisadas por teléfono para, ademais, indicarlles a documentación para presentar con vistas a confirmar a praza. A cota de participación establécese nos 85 euros, contía que non se debe aboar ata que a Administración local confirme a praza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.