O tenente de alcalde do municipio, Ramón Martínez, compareceu nas dependencias da Garda Civil de Noia para denunciar que “autores descoñecidos trasladaron os sinais indicadores que foran colocados” a efectos do proba.
O concelleiro indicou que os sinais modificados afectaron, aproximadamente, a “un tramo de tres quilómetros”, coa intención de que algún participante na carreira “poida perderse”.
Esta circunstancia foi detectada por persoal municipal e voluntarios. Desde a organización sospeitan que se trata de alguén que coñece ben a zona e actuou de mala fe, porque non quitaron postes nin golpearon as frechas que marcaban os camiños. O problema foi corrixido a tempo para que a proba puidese desenvolverse con normalidade.




