Os nacionalistas de Ribeira esixen a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para afrontar a vaga de roubos

18 Novembro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

O BNG ribeirense manifesta que os roubos que nos últimos meses afectan a moitos negocios e mesmo particulares no municipio está xerando moita inseguridade entre a veciñanza, ademais de sinalar que a falta de efectivos na Policía Local e na Policía Nacional é “sobradamente coñecida, distando moito do que a normativa vixente estima como recomendábel, cuestión que os ladróns aproveitan para beneficio propio.”

A formación nacionalista sostén que, malia que as directivas da Unión Europea recomendan contar cun número de 1’8 axentes por cada 1.000 habitantes, Ribeira atópase lonxe desa cifra, contando cun cadro de policías “moi minguado.” Neste senso, precisan que Ribeira debería contar con 49 axentes. O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, argumentou que “cómpre termos en conta que Ribeira é unha cidade de servizos e cuxa poboación flotante diaria é moi superior ao padrón municipal, ao que se lle suma o incremento en datas estivais por mor do turismo.”

O Bloque pon de manifesto que cando se aprobou a Relación de Postos de Traballo (RPT) “de maneira unilateral por parte do PP”, xa denunciaran que non se recollía a dispoñibilidade horaria que viñan prestando anteriormente os axentes da Policía Local, co cal ía resultar difícil cubrir baixas, servizos especiais e mesmo aumentar o servizo nocturno.

Para Vázquez Cobas “o labor que realiza a Policía Local é positivo mais só conta con 20 axentes efectivos, co que resulta imposíbel garantir a seguridade en todo o municipio.” Segundo os nacionalistas, “o desleixo do Partido Popular con este tema é notorio”, apuntando que non fixo nada para mellorar a seguridade pública, a pesar das continuas denuncias por roubos e inseguridade.

Así, desde o BNG solicitan que se convoque inmediatamente a Xunta Local de Seguridade para afrontar a vaga de roubos que Ribeira padece e se tomen medidas efectivas para garantir a seguranza de comercios e vivendas.

Por outra banda, o Bloque tamén demanda que o Concello, en coordinación coa Policía Nacional, aumente as patrullas e os percorridos que fai a Policía Local como medida para garantir unha maior presenza policial na rúa e contribuír a aumentar a seguridade polas noites.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.