O CD Boiro, as Krusadas e Cruz Vermella organizan este domingo unha recollida solidaria de produtos de hixiene e limpeza

09 Decembro 2022

Con vistas a botar unha man agora que se aproximan as festas de Nadal, o CD Boiro vai organizar este domingo 11 de decembro unha recollida solidaria de produtos de hixiene e limpeza, contribuíndo ao importante labor humanitario das Krusadas Boirenses.

A iniciativa levarase a cabo en colaboración co Concello e Cruz Vermella de Boiro. Desenvolverase no marco do partido que disputarán no Campo Municipal de Barraña o Club Deportivo Boiro e máis o Ribadeo.

Os seareiros que queiran colaborar poderán facelo in situ no propio campo ou ben levando os produtos que vaian doar ao Consistorio ou á sede da Cruz Vermella no Centro Social de Boiro. O material recadado será distribuído por Cruz Vermella entre as familias máis vulnerábeis do termo municipal.

Outros artigos

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...