
O Concello de Boiro, a través da Concellería de Cultura, prepara unha programación para o Nadal composta de concertos, espectáculos infantís, festivais de Nadal, carpa solidaria… A concelleira de cultura, María Outeiral, realizou esta mañá a presentación do programa completo de actividades.
As actividades de Nadal en Boiro comezaron a pasada fin de semana co acendido do alumeado e continúan esta fin de semana coas festas patronais de Santa Baia. Ademais haberá esta fin de semana outras propostas culturais como cine, teatro, obradoiros para nenos e nenas e a actividade solidaria para
recadar fondos en beneficio da Fundación Andrea o domingo a partir das 17.00 horas no pavillón da Cachada.
Os días 17 e 18 de decembro haberá festivais dos grupos e asociacións do municipio como Xilbarbeira ou Cen Pliés e tamén da Asociación de Veciños de Abanqueiro. O 23 de decembro comezan as actividades na Carpa Solidaria, que estará instalada na Praza de Galicia con concertos e actividades durante todo o día para a recollida de alimentos para Cáritas.
Os días 26, 27, 28, 27 e 30 de decembro haberá tamén actividades na carpa: espectáculos infantís como o Circo Navideño, e tamén actividades para a mocidade como o Micro Aberto, e tamén concertos. Os días 2, 3 e 4 de decembro continúan os espectáculos na carpa e a programación de Nadal concluirá o día 5 de decembro coa Cabalgata de Reis.
“Deseñamos un programa de actividades para todos os gustos e pensado para todos os públicos. Son datas para que os nenos e nenas desfruten pero non nos quixemos esquecer da mocidade e tamén dos adultos”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral. O programa completo de actividades está dispoñible na web municipal.
PROGRAMACIÓN:
Sábado 10 de decembro
12.00 horas – obradoiro infantil (Biblioteca Municipal de Boiro)
12.30 horas – Gala dos Premios Barbantia da Cultura (Pazo de Goiáns)
20.30 horas – “G-Alsa” de Teatro do Improvisto (Casa da Cultura de Boiro)
Domingo 11 de decembro
17.00 horas – “Papá Noel solidario” en beneficio da Fundación Andrea
(pavillón da Cachada)
Venres 16 de decembro
17.30 horas – “O chimpo de ra” de Raquel Queizás (Centro Social de Cabo)
20.00 horas – “A casa das cancións”, teatro musical (Casa da Cultura de Boiro)
Sábado 17 de decembro
18.30 horas – festival Xilbarbeira (Casa da Cultura de Boiro)
20.30 horas – ciclo de cine Mestre Mateo (Centro Social de Boiro)
Domingo 18 de decembro
17.30 horas – festival da Asociación de Veciños de Abanqueiro
18.00 horas – festival Cen Pliés (Casa da Cultura de Boiro)
Venres 23 de decembro – concerto solidario Cáritas
11.00h – actuación ballet Cen Pliés
12.00h – O apalpador e monifates
13.00h – actuación EMB
14.00h – DJ Matrek
16.00h – serán solidario
18.30h – chocolatada grupo Turbina
19.00h – actuación BMB
20.00h – Bruno DJ
21.00h – The Cuncas
Luns 26 de decembro
17.00 horas – micro aberto
Martes 27 de decembro
18.30 horas – espectáculo infantil “Mamá Cabra”
Mércores 28 de decembro
18.30 horas – gala de circo navideña, PistaCatro
Xoves 29 de decembro
18.30 horas – gala de circo navideña, PistaCatro
20.00 horas – Cine Club Coral, concerto de bandas sonoras de películas
Venres 30 de decembro
18.30 horas – gala de circo navideña, PistaCatro
22.00 horas – concerto de Sabela King e The Heartbreakers
Luns 2 de xaneiro
18.30 horas – “Historias da maletra” de Raquel Queizás
Martes 3 de xaneiro
18.30 horas – “Fartura de Nadal” de Vero Rilo
Mércores 4 de xaneiro
18.30 horas – “Tranvía do Nadal”



