Domingo con sol aumentando a nubosidade cara a noite
03 Decembro 2022
A xornada do domingo comezará con ceo pouco nubrado ou despexado. A medida que avance a tarde, irán entrando nubes de sur a norte, con posibilidade dalgúns chuvascos illados durante a noite na metade sur. As temperaturas permanecerán sen cambios significativos, rexistrándose xeadas de madrugada no interior. O vento soprará frouxo e irá virando ao longo do día de compoñente leste a compoñente sur.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 3° 14°
Temperatura da auga (°C)
17°
Índice ultravioleta máx.
1
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do leste á mañá e á noite e variable á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 2 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.
Santiago e a comarca das Rías Baixas vivirán este domingo 18, San Lucas, unha xornada de ceos despexados, con entrada de nubes altas pola tarde e sen risco de choiva, aínda que marcada por un cambio no termómetro. As temperaturas sufrirán un descenso xeral que se...
As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado 17, unha xornada de transición meteorolóxica, caracterizada polo protagonismo do vento do nordés e unha caída acusada dos termómetros nas horas centrais do día. Mentres o interior de Galicia —especialmente as...
Este venres 16, Santa Margarida, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando...
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...
O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...