O Rotogal Boiro Voleibol busca os primeiros puntos do curso contra o remodelado Pamesa Teruel

02 Decembro 2022


M.A.- Segundo partido consecutivo en casa para un Rotogal Boiro Voleibol que buscará ante a súa afección os primeiros puntos na Superliga. Os de Emilio Palacio reciben este sábado 3 de decembro, ás sete da tarde na Cachada, ao Pamesa Teruel, un rival que presenta moitas novidades con respecto á anterior tempada e que se asentou na zona alta da clasificación.

Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, advirte que a derrota da pasada fin de semana ante Palma foi “difícil de asimilar” e engade que “era importante sacar puntos, pero é un tropezo e non hai que tolear, porque queda moita competición por diante”.

En principio, contra o Pamesa Teruel, os da Cachada contarán coa única baixa de Martín Casais, que se recupera dunha lesión no xeonllo. Si que estará Gaby del Carmen, aínda que o técnico Palacio sinala que “aínda non está ao cento por cento”.

O Pamesa Teruel ocupa a cuarta posición da Superliga despois da derrota sufrida a pasada fin de semana na cancha do líder Guaguas (3-0). Os aragoneses confeccionaron un persoal practicamente novo na que sobresae a incorporación de Rodrigo de Melo, oposto que brillou a anterior tempada na Palma e que é o segundo máximo anotador da competición. O líbero Aarón Gámiz e o central Víctor Méndez son outros dous dos xogadores destacados do conxunto aragonés.

Precedentes
Tempada 2021-2022
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Teruel, 3
Teruel, 0-Rotogal Boiro Voleibol, 3
Tempada 2020-2021
Teruel, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 0
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Teruel, 3

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.