A Xunta apoia no Barbanza e Costa da Morte proxectos do plan ‘O Teu Xacobeo’ para estender a programación sociocultural do Ano Santo a toda a sociedade

30 Novembro 2022

Turismo de Galicia concedeu, este ano, axudas por 633.000 M€ para os eventos celebrados nas comarcas da Coruña, Santiago, Barbanza e Costa da Morte, que mobilizaron 1,3 M

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, no acto balance do programa O Teu Xacobeo que tivo lugar no espazo Amizar nunha reunión informativa cos representantes de case medio centenar de entidades, empresas e institucións beneficiarias das axudas deste programa e impulsoras de actividades socioculturais en case todos os concellos da provincia.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, estendeu a actividade sociocultural do Ano Santo e do Camiño de Santiago a toda a comunidade galega a través do programa O Teu Xacobeo, co que este ano chegou a súa terceira edición, na se concederon 49 proxectos nas comarcas da Coruña, Santiago, Barbanza e Costa da Morte, dos cales 12 correspóndense coa cidade da Coruña.

No caso concreto da cidade da Coruña apoiáronse, este ano, 12 proxectos no 2022 grazas a unas axudas de 156.000 euros que mobilizaron 350.000 euros. Concretamente participaron neste programa: A Antena SC, Hércules Ediciones, Melgo Cinema, Urbanlab, S.L, Caramuxo Teatro, Fundación Universidade da Coruña, Fundación Jove, Aspanaes, Ese8, Fundación Abrente e dous particulares.

Balance das tres edicións

Trenor aproveitou o encontro para facer balance das tres edicións que apoiaron nestas comarcas coruñesas máis de 300 proxectos cun investimento total de 8 millóns de euros e con axudas por parte do Goberno galego de 4,2 millóns de euros.

O representante autonómico destacou a transversalidade desta iniciativa, que xa chegou, nestes tres anos, a máis de 200 concellos de toda Galicia dos cales 44 corresponden ás comarcas coruñesas. Neste senso, Trenor apuntou que o 44 % proxectos de O Teu Xacobeo fixéronse nesta provincia, o que supuxo tamén que case a metade do orzamento subvencionado destinouse a proxectos neste territorio.

“Está claro que os coruñeses implicáronse con esta proposta e que gran parte do seu éxito leva selo coruñés”, subliñou Trenor.

“Tratouse da maior convocatoria aberta de proxectos de dinamización sociocultural da historia de Galicia, o que nos permitiu espallar actividades en case todos os concellos da provincia implicando a asociacións, entidades públicas e privadas e que permitiron abordar o fenómeno do Xacobeo e do Camiño desde unha perspectiva multidisciplinar”, engadiu o delegado.

 “Esta iniciativa tivo como obxectivo a implicación a nivel local na celebración deste Ano Santo, dinamizar todo o territorio con actos pequenos, diversos e máis dinámicos a través dos que se espallaron e se fixeron máis presentes os valores do Camiño na propia sociedade galega.”, sinalou o representante do Goberno galego, que destacou que todos estes proxectos “contribuíron moito a converter a Galicia nun destino seguro froito do cal a nosa comunidade situouse no grupo de comunidades coas taxas de crecemento turístico máis elevadas neste ano.

Ademais, no acto tamén interviñeron Ramón Sestayo, presidente de Cogami, que presentou o seu proxecto Tres ao cubo igual a catro. Caminarte e a Jesús Picallo, presidente da Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago e vicepresidente do Clúster de Turismo de Galiciaque falou da súa proposta Un mar de gracias. Camino de Santiago de Fisterra- Muxía.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.