Outes homenaxea este sábado a Chema Fuentes Fernández

30 Novembro 2022

O Concello de Outes está a preparar os detalles para un acto de homenaxe a Chema Fuentes Fernández, con motivo do 50 cabodano do seu pasamento. Será este sábado 3 de decembro, ás 12.00 horas no Parque da Cruz, na Serra.

Chema Fuentes Fernández, tal e como recordou O Barbanza na súa máis recente edición en papel (na páxina 22, nunha reportaxe a toda páxina), foi un rapaz de Outes estudante de Medicina que en 1972, durante a última etapa da ditadura franquista, morreu asasinado en Santiago polo policía Luís Miguel Quiroga Mouzo, na rúa doutor Teijeiro, logo de telo parado un coche patrulla e mentres lle realizaban a identificación. A morte de José María Fuentes Fernández, Chema, fillo do coñecido doutor don Fernando Fuentes, provocou unha auténtica revolta en Santiago, sobre todo porque veu acompañada dunha versión errónea dos feitos que tentaba exculpar ao policía.

Ao día seguinte do seu asasinato, os alumnos celebraron asembleas nas que se tomou a decisión de non asistir a clases e manifestarse pola cidade, a USC viuse obrigada a pechar as súas portas, houbo lanzamentos de cócteis molotov, un deles na Facultade de Ciencias que permanecía aberta, e noutros puntos da cidade; fixéronse barricadas con materiais de obras e cortáronse as rúas.

O Goberno Civil tivo que modificar a súa versión oficial e recoñecer que se produciu un claro abuso policial e o xulgado ordenou a detención inmediata do axente responsábel da morte. Compostela era un fervedoiro que se trasladou a Outes cando miles de universitarios (máis de tres mil sinalaban as crónicas) déronse cita na localidade para o enterro de Chema. As flores esgotáronse en toda a comarca e centenares de caraveis vermellos depositáronse sobre a tumba no medio dunha impresionante manifestación de duelo.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.