O Mercado do Nadal pobrense inaugurarase no 3 de decembro

29 Novembro 2022

O Cantón da Leña converterase en centro neurálxico dun mercado do Nadal do día 3 de decembro ao 5 de xaneiro. Estará integrado por un total de nove postos do comercio de proximidade dedicados á artesanía, gastronomía, moda, bixutería e accesorios. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé
Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Sara Sánchez; e Estrella Lijó, quen participará por primeira vez co seu negocio neste
proxecto.
Os obxectivos son darlles soporte a novas iniciativas empresariais, outorgarlles un escaparate e diversifica-la oferta de actividades nestas datas sinaladas.
O horario de apertura será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, principalmente, durante as fins de semana.
Tamén se indica que no 2 de decembro pecha o prazo de inscrición no III Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, que repartirá un premio por cada parroquia, consistente nunha gran cesta do Nadal composta de produto local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.