A obra de Luís Seoane poderá verse a partir do 22 no Museo de Artes

15 Novembro 2019

A Fundación Museo de Artes do Gravado vai celebrar o vindeiro 22 de novembro a inauguración da mostra Homenaxe aos gravadores galegos: Luís Seoane. A apertura da exposición, convocada para as 20.00 horas na sala de exposicións número 0 do Museo do Gravado de Artes (Ribeira), vai contar coa presenza de dous membros da Real Academia Galega de Belas Artes, Xosé Díaz de Castro e a noiense Soledad Penalta, así como do comisario da mostra Carlos L. Bernárdez.

Segundo explica a fundación, as obras reunidas poderán visitar entre o 22 de novembro deste ano e o 22 de xaneiro do ano vindeiro, nas salas 0 e 1 do museo ribeirense. A escolma artística reunida amosa máis de 150 obras do artista galego Luís Seoane (Bos Aires 1910 – A Coruña 1979): trátase dun completo percorrido pola traxectoria artística (e vital) dun dos máis grandes e versátiles creadores galegos do século XX (foi gravador, pintor, xornalista, escritor e editor), referente fundamental das vangardas e influencia sobranceira de todos os demais movementos artísticos que viñeron despois.

Asemade, inclúese na exposición unha mostra bibliográfica con volumes ilustrados por Seoane, ademais de pezas únicas realizados en técnicas experimentais e matrices xilográficas orixinais. Esta exposición é unha realidade grazas aos fondos do Museo do Gravado e a cesións temporais de coleccionistas particulares.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...