O espírito combativo do Rotogal Boiro Voleibol é insuficiente para superar a un Palma que brillou en defensa

27 Novembro 2022


O Palma deu un paso importante cara á permanencia tras impoñerse ao Rotogal Boiro Voleibol por 1-3 no duelo disputado esta tarde na Cachada. Os locais, que contaron cun Gaby da Carmen moi minguado fisicamente pola lesión que padece no nocello, competiron sen descanso #ante un adversario que destacou na faceta defensiva.
O primeiro set desenvolveuse baixo unha gran igualdade. O Rotogal Boiro Voleibol aplicouse en defensa, pero o desgaste realizado nesa faceta impediulle desenvolverse con maior contundencia para pechar os puntos. No cara ou cruz final, o Palma anotouse o parcial por 22-25.
O Rotogal Boiro Voleibol non acusou o golpe e controlou a segunda manga, na que seguiu
aplicándose con eficiencia en tarefas defensivas. Desta maneira, someteu ao Palma por un axustado 25-23 para devolver as táboas ao marcador.
O terceiro set puido resultar clave para a resolución do encontro. O Rotogal Boiro Voleibol comezou moi ben, adquiriu unha vantaxe de cinco puntos ao seu favor e parecía catapultado a por o primeiro triunfo do curso. Pero os locais acumularon erros que desembocaron na desesperación. O Palma elevou o ton defensivo a un nivel moi alto e, ademais de remontar, adxudicouse a manga por un contundente 19-25.
No cuarto set, os visitantes asumiron unha renda de catro puntos desde o inicio (2-6) que obrigou ao Rotogal Boiro Voleibol a remar ao contraxeito durante o resto do parcial. Os de Emilio Palacio competiron de ti a ti #ante un adversario que se mantivo firme en defensa. Con todo, no desenlace, careceron de variedade de recursos ofensivos para enviar o partido ao tie break (24-26).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.