Comeza no hospital da Barbanza a vacinación contra a gripe a menores de cinco anos

25 Novembro 2022

A Dirección Xeral de Saúde da Consellería de Sanidade xa ten preparado o dispositivo para vacinar esta fin de semana aos nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 6 e os 59 meses, no conxunto de hospitais galegos, entre eles o Hospital da Barbanza.

A Xunta de Galicia acordou estender este programa a todas as áreas sanitarias galegas despois dos bos resultados obtidos na pilotaxe de vacinación pediátrica levada a cabo, a pasada fin de semana na área sanitaria de Santiago e A Barbanza.

Así, o lugar e os horarios de vacinación serán comunicados vía SMS aos pais, nais ou titores dos menores. Os nenos e nenas poderán ser convocados para vacinarse ao longo do sábado nun dos 14 hospitais públicos da Comunidade, que será o máis próximo ao seu domicilio, segundo conste na súa tarxeta sanitaria. Ao longo da xornada do domingo, vacinarase nos hospitais de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra. O horario de vacinación será de 10 a 14,30 horas e de 15,30 a 20 horas, en ambas xornadas, agás no caso de Ourense (que na xornada do domingo só vacinará en horario de mañá).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.