Rianxo encara a última finde de novembro con obradoiros, presentacións de libros, música e teatro

25 Novembro 2022

O Concello de Rianxo compartiu a súa axenda de actividades para esta recta final de novembro, poñendo o foco non só nas propostas organizadas pola Área de Cultura senón tamén polas entidades con presenza no concello ou na contorna. Haberá obradoiros, presentacións literarias, música e teatro.

VENRES 25 DE NOVEMBRO

  • 17.00 h 18.30 h – Biblioteca Municipal de Rianxo. Obradoiro Encadernación ecolóxica artesanal. Máis información.
  • 21.00 h – Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Presentación do libro, A agonía das folerpas de Óscar Reboiras Máis información.

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO

  • 11.30 h – Aula Activa do mar. Obradoiro Crea o teu fondo mariño. Máis información
  • 20.30 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro, O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) do grupo municipal de teatro de Ribeira Máis información.

DOMINGO 27 DE NOVEMBRO

  • 12.30 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. V Ciclo de Novos Intérpretes, Sara García (quinteto de clarinetes) Máis información.
  • 18.00 h – Salón de actos do Cuartel vello. Bailas?, obradoiro de danza Alecrín Máis información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.