A Gala do Remo Galego distingue a dous clubs de Arousa Norte

14 Novembro 2019
C. R. Náutico de Riveira. Cedida

Na tarde do sábado 16 celebrarase no IES Illa de Tambo a quinta Gala do Remo Galego, no cal haberá representación de Arousa Norte. Así, o C. R. Náutico de Riveira foi recoñecido co premio a Mellor Batel Feminino, cos resultados de medalla de ouro no Campionato de España na categoría Absoluta e medalla de ouro no Campionato Galego na categoría Absoluta. Pola súa parte, o C. R. Puebla faise co galardón a Mellor Batel Masculino, cos resultados de medalla de ouro no Campionato de España na categoría Infantil e medalla de ouro no Campionato Galego na categoría Infantil.

C. R. Puebla. Cedida

Con anterioridade á gala, terá lugar a Copa Galicia Concello de Marín, onde se darán cita, entre outros, os remeiros de Rianxo, Cabo da Cruz e A Pobra.

Outros artigos

A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas

Axentes de paisano da Garda Civil de Boiro detiveron a un home no lugar da Pontenaveira, na parroquia pobrense de O Caramiñal, como investigado pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas ou substancias que fan grave...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...