Rianxo acolle un faladoiro sobre violencia de xénero coa soprano noiesa Esperanza Mara

21 Novembro 2022

Este xoves 24 de novembro a soprano, divulgadora e formadora noiesa Esperanza Mara ofrecerá en Rianxo un faladoiro no que abordará a violencia de xénero a través da literatura existente e a través da voz. A cita será ás 19:30 na Biblioteca Municipal. É unha das actividades rianxeiras para conmemorar o 25-N, o Dia Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Segundo explican dende a Área de Cultura municipal, “neste espazo de convivio traballarase a violencia a través das voces, das e dos participantes así como de libros de referencia, conbinándoo coa aprendizaxe das características da nosa propia voz e de metáforas”.

Esperanza Mara é licenciada en Canto Lírico e Violonchelo e cun mestrado en Canto e outro en Investigación Musical. É unha artista e creadora multidisciplinar que actuou nas máis prestixiosas salas e teatros de España, Portugal e Francia. É a responsábel de Emanarte, empresa que promove e divulga a música clásica en diferentes formatos e para diversos públicos así como busca a fusión con outros estilos.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.