A Consellería de Educación solicita ao Concello de Ribeira a licenza de obra para unha intervención no CEIP Plurilingüe de Palmeira

14 Novembro 2019

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de presentar ante o Concello de Ribeira a solicitude de licenza de obra para poder emprender unha actuación consistente na rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Esta obra comporta un investimento de 634.507 euros, IVE incluído, e abrangue intervencións na fachada, patio cuberto, carpintería exterior e sistema de iluminación, ademais do pintado dos paramentos interiores e exteriores.

En base ao proxecto técnico elaborado, nas distintas fachadas do edificio instalaranse illamentos exteriores continuos tipo SATE formado por capas de 80 milímetros de espesor de polietireno expandido EPS, fixadas mecanicamente á fachada e acabado ao exterior cun morteiro hidrófugo con malla de fibra de vidro, imprimación e capa exterior de revoco decorativo. No que atinxe á fachada suroeste, antes será preciso retirar as pranchas de fibrocemento alí ancoradas.

Tamén se actuará no patio cuberto, que é o lugar onde o alumnado procedente do transporte escolar efectúa o seu ingreso ao centro. Para mellorar o seu acceso, especialmente en días de chuvia, abrirase unha nova porta na fachada suroeste e pecharase o resto do espazo mediante a mesma tipoloxía construtiva, incluíndo outra porta á fachada sur para facilitar a apertura do patio cuberto cara a zona ao aire libre. Así mesmo, cambiarase de lugar a porta de acceso ao ximnasio desde o patio cuberto.

Ademais, substituiranse as fiestras e portas exteriores por outras que reúnan mellores condicións de estanquidade e illamento, reporanse os falsos teitos que se atopan en mal estado, situados nas plantas baixa, primeira e segunda; así como os paneis degradados do terceiro andar.

No que respecta á iluminación, toda a instalación do edificio será suplantada por outra de baixo consumo tipo LED.

Por último, está previsto o pintado dos paramentos interiores e exteriores do centro, así como portas, caixas de persianas, barandillas, radiadores e tuberías.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.