Un total de 18 deportistas recibiron as bolsas do Concello de Ribeira

12 Novembro 2022

Dezaoito deportistas do municipio recibiron na noite de onte cadansúas bolsas do Concello de Ribeira nun acto celebrado na Casa Consistorial e que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz.
Os deportistas que recibiron esta axuda, cun importe global de 9.000 euros, son:
 Alejandro Vidal Álvarez (5º clasificado paraolimpiada Tokyo 2021)
 Nuria Cernadas Ageitos (5ª clasificada campioato Europa sub 23 de taekwondo)
 Iván Parada Novo (1º clasificado campionato do mundo de semikempo)
 Juan Manuel Pérez Parada (1º clasificado campionato do mundo IKF)
 Adrián Pego Rey (1º clasificado campionato do mundo de kobudo)
 Manuel Parada Martínez (3º clasificado campionato de España de taekwondo)
 Borja Domingos Franco Martínez (1º clasificado campionato de España sub 21 de
taekwondo)
 Ainara Pardal Reboiras (1ª clasificada campionato España junior de kempo)
 Irene Montemuiño Martínez (2ª clasificada campionato de España de taekwondo)
 Paua Castrelo Novo (1ª clasificada campionato de España de semikempo)
 Jorge González Mariño (1º clasificado campionato galego sub 23 de triatlón)
 Tomás González Lois (1º clasificado campionato galego absoluto de taekwondo)
 Manuel Ángel Parada Folgar (2º clasificado campionato de España XCO de
ciclismo)
 Clara Millares Sieira (2ª clasificada do campionato galego de boxeo)
 Juan Vicente Figueiras Fernández (1º clasificaso campionato España kempo)
 Lucía Montemuíño Martínez (2ª clasificada campionato galego junior de
taekwondo)
 Marta Teira Alvite (1ª clasificada campionato de España de katas)
 Mauro Vizcaya Reu (2º clasificado campionato de España de remoergómetro)
O alcalde felicitou a estes deportistas polo seu esforzo e logros e expresou a súa esperanza en que se aumente a dotación no vindeiro exercicio, antesala dos Xogos de París 2024. Ademais recordou que
este ano se pudo incrementar substancialmente as axudas aos clubs (un 66% que o ano pasado, ata 150.000 euros) e recordou diversas infraestruturas deportivas cuxa tramitación está en marcha por máis de cinco millóns de euros, como o módulo de atletismo cuberto de atletismo e artes marciais na Fieiteira (antonte mesmo o Consello da Xunta aprobou unha nova addenda ao convenio de colaboración co Concello polo que se destinan 2,7 millóns de euros a este proxecto), o Centro Municipal de Deportes Náuticos, o novo céspede artificial do Complexo da Tasca en Aguiño, a nova grada na Fieiteira, ou a nova Área de Deportes Urbanos no Touro, entre outras actuacións.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.