A axenda de Noia desta finde vén con teatro infantil, cine, música e unha homenaxe a Maxi Olariaga

11 Novembro 2022

Esta fin de semana será un fervedoiro de actividades en Noia, da man da Concellería de Cultura que dirixe José Pérez e outras entidades (por exemplo Barbantia). Haberá unha homenaxe a Maxi Olariaga, teatro infantil, música e cinema. Esta é a folla de ruta que cómpre que teñamos en conta para non perdernos:

–Espectáculo Martiño e o paraugas máxico. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas o venres 11 de novembro. Inscricións a través do correo programacionconcellodenoia@gmail.com.

–Homenaxe a Maxi Olariaga. Este sábado 12 de novembro ás 19:30 terá lugar no edificio Casino de Noia un acto homenaxe ao escritor noiés Maxi Olariaga, onde intervirán diferentes persoas do mundo artístico e cultural. Organizan a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello. As persoas que queiran acudir deberán confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico homenaxemaxiolariaga@gmail.com ou chamando ao 633 678 905.

–Proxección de The Father, de Florian Zeller. Sesión de cine este sábado día 12 coa película The Father. O Coliseo Noela acollerá este filme ás 20:30 horas. Non fai falta reservar invitación, a entrada será libre ata completar o aforo.

–Concerto Has de Cantar, de Rosalía Trío. O vindeiro domingo 13 de novembro terá lugar no Coliseo Noela ás 20:00 horas o concerto Has de Cantar de Rosalía Trío. A entrada é libre ata completar o aforo. Interpretaranse pezas do álbum Has de cantar presentado en 2022. A agrupación Rosalía Trío está integrado por María José Ladra, mezzo, Juan Pérez Berná oboe e corno inglés e Margarita Viso, piano 

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.