O Grupo Galeoska expón na Casa da Cultura do Son até o 30 de novembro

09 Novembro 2022

O Grupo Galeoska (Galegos e galegas Koa Arte) mostra estes días (até o 30 de novembro) na Casa da Cultura de Porto do Son parte das obras recentes das e dos seus integrantes. Faino baixo o epígrafe de Matérica Marea, rendendo homenaxe á nosa longa, inspiradora e frutífera relación co mar. Hai, en concreto, obras de Aneta do Camilo, Bugallo, Carmela Taboada, Carmen Sampedro, Eduardo Rivo, Fernando Cobo, Lola Sanz, Lurdes Meis, María Fortes Blanco, Manuel García, M. Trigo, Olalla Buceta, Pimira, Raquel García e Sergio Ribeiro.

Galeoska é un grupo de artistas de diferentes disciplinas cunha mesma paixón, a arte. Galeoska nace no ano 2017 da man de dous artistas Martina Bugallo (Manselle – 1978) e de Sergio Ribeiro (Lisboa – 1962). Este grupo organiza dende os seus comezos xornadas formativas e informativas sobre arte en xeral, feiras de arte, mostras colectivas e individuais para os seus membros, baixo un lema de igualdade e cooperación entre os seus integrantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...