Este xoves temos unha cita cos Premios Nobel en Ribeira

13 Novembro 2019

Este xoves 14 de novembro temos unha cita, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, con todos aqueles escritores en lingua hispana que acadaron o que, por prestixio e contía económica, é para unha boa porcentaxe de seareiros e seareiras da lectura o galardón literario máis relevante: o Premio Nobel. Estamos a falar da conferencia programada a partir das 20.00 horas co profesor de Lingua e Literatura Española, Xabier López Marqués: un relatorio que xirará arredor dos grandes autores que recibiron a dita distinción da academia sueca.

O acto tamén servirá de clausura da exposición bibliográfica homónima que está presente na Biblioteca Municipal desde o 1 de outubro (co gallo do trixésimo aniversario do galardón obtido polo galego Camilo José Cela). A mostra exhibe obras dos once galardoados en lingua castelá: José Echegaray, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Vicente Aleixandre, Camilo José Cela, Gabriela Mistral, Miguel Ángel Asturias, Pablo Neruda, Gabriel García Márquez, Octavio Paz e Mario Vargas Llosa, así como carteis conmemorativos con textos de cada un dos devanditos escritores.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.