A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres meses de prisión a un home por propinarlle unha puñada na cara a un dos seus amigos durante unha discusión, o que provocou que a vítima caese ao chan. Os feitos sucederon durante a madrugada do 29 de xuño de 2019, cando se desprazaban en coche a unha festa que se celebraba en Muros. O afectado, ao cal o sospeitoso deberá indemnizar con 5.000 euros polos días de baixa, a secuela estética que lle quedou e o dano moral, requiriu asistencia médica. O tribunal considerou ao acusado responsábel do delito de lesións e tivo en conta a atenuante de embriaguez porque no momento dos feitos “presentaba unha lixeira alteración das súas facultades volitivas, polo seu consumo alcohólico”. Contra a resolución cabe presentar recuso.
Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural
O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...



