A axenda cultural de Outes de novembro vén con actividades astronómicas, máis teatro e unha nova andaina

08 Novembro 2022

A axenda de Outes en novembro pon o foco no local e no universal e achéganos oportunidades non só para coñecer os tesouros do concello senón tamén dos dunha contorna situada un algo máis lonxe: o firmamento.

A axenda comeza co Proxecto Cúpula para a divulgación astronómica, que inclúe unha xornada científica organizada polo Concello e a Deputación da Coruña, prevista para este 12 de novembro no Pavillón da Serra. Durante a mañá e a tarde noite do sábado, os asistentes participarán en diversas actividades que os introducirán no mundo da astronomía dunha maneira activa e lúdica. A xornada está aberta ao público de todas as idades (os menores de idade deberán ir acompañados por un responsable maior de idade). A actividade é de balde e as prazas son limitadas. A inscrición é obrigatoria e realizarase a través do enderezo electrónico outes@astroemociones.es ou do teléfono 672 629 308.

A maiores o día 20 de novembro está prevista unha nova saída polo termo municipal, programada ao abeiro do ciclo de andainas para coñecer o patrimonio local, organizadas polo Concello. Desta volta será para darmos conta da historia e a espiritualidade de Roo. A saída está fixada para as 9.00 horas dende a Igrexa de Roo.

A maiores, chegarán as seguintes funcións do Outono Teatral: Facer Memoria (12/11/22 ás 20h na Casa da Cultura), As que limpan (12/11/22 ás 20h na Casa da Cultura), Lo del 75 (12/11/22 ás 19h na Casa da Cultura, nota: esta obra teatral fará a súa estrea en Outes, xa que está escrita e dirixida pola veciña outense Irene Miranda) e o O xardín de vila gris (26/11/22 ás 19h na Casa da Cultura).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.