Boiro celebra este domingo 6 de novembro do Día da Bici

02 Novembro 2022

O Concello de Boiro celebra este domingo 6 de novembro do Día Da Bicicleta, unha cita que ten como obxectivo “a convivencia”, “a diversión” e máis a participación de nenos e de adultos. A presentación da cita deportiva e lúdica celebrouse este martes 2 no Consistorio, coa presenza do alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o representante de La Voz de Galicia, Moncho Ares; e do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro.

“Esta proba agrupa a moitos nenos e nenas e é un día para desfrutar da bicicleta”, afirmou Ricardo Riveiro.

Moncho Ares recoñecer a “satisfacción por recuperar esta festa despois da paréntese da pandemia, unha data moi sinalada e das máis multitudinarias da comarca”.

Percorrido

Segundo dixeron, o percorrido será duns 14 quilómetros e ten a saída programada para as 11.00 horas da praza de Galicia, comezando pola rúa Principal e a avenida de Compostela ata a Agramuíña, onde se realizará o primeiro reagrupamento. Continuará polo paseo marítimo para volver ao centro de Boiro pola avenida de Compostela e a avenida da Constitución e dirixirase a Cabo de Cruz pola avenida de Barraña e Esteiro. En Cabo de Cruz farase un segundo reagrupamento e regresará a Boiro polo Sestelo, Seán, Exipto e DP-106 para chegar á rúa Dereitos Humanos e percorrerá a peonil ata regresar á praza de Galicia.

Seguridade

Os participantes na presentación insistiron na importancia de garantirmos a seguridade da proba, polo que será preciso “seguir as instrucións e indicacións da organización e non saírse do percorrido fixado”. E engadiu o alcalde: “Contamos coa colaboración das forzas e corpos de seguridade como a Garda Civil e Protección Civil, os colaboradores como Club Ciclista Barbanza para coidar que todo transcorra sen incidencias e tamén a todos os patrocinadores que colaboran nesta cita”.

Tamén fixo saber que este martes pola mañá xa había preto de 300 persoas inscrita. As inscricións están aínda abertas e poden formalizarse (co requisito de ter máis de 6 anos) no departamento de Deportes do Concello de Boiro, de maneira presencial na Casa da Cultura, ou no enderezo electrónico deportes@boiro.org. “O Día da Bici é unha data moi importante para promover o uso da bicicleta e o deporte base do ciclismo no noso municipio”, afirmou Dores Torrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.