Tres actividades dinamizarán o uso da lingua galega en Ribeira

12 Novembro 2019

Ribeira acollerá ao longo desta semana tres accións promovidas por Normalización Lingüística para a dinamización da lingua galega, dúas das cales tamén pretenden sensibilizar contra a violencia de xénero.

Primeiramente, o mércores 13, en horario de 11.30 a 14.00 horas, o Auditorio municipal albergará unha actividade musical a cargo de Sara Michielleto, quen é primeiro violín na Orquestra Sinfónica do Teatro La Fenice, de Venecia, pero ao mesmo tempo, o seu desexo de estender o gusto musical e a preocupación polo medio ambiente, lévana a achegarse a Galicia, concretamente a Santiago e Ribeira, para impartir un concerto didáctico dirixido ao alumnado de ensino secundario. A extensión do coñecemento e o fomento da curiosidade nas xeracións máis novas forman parte desta acción, que se está preparando en colaboración co profesorado do IES Número 1 de Ribeira e mais o IES Leliadoura, para o mellor aproveitamento das dúas horas e media de concerto.

En segundo lugar, o Auditorio municipal dará cabida ás 18.30 horas do xoves 14, á posta en escena de Pum Pum, da man de Baobab Teatro. Así, en colaboración coa ANPA do CEIP de Palmeira realízase este espectáculo teatral dirixido ao público infantil e familiar coa finalidade da dinamización do uso da lingua galega e a loita pola igualdade de xénero. A peza preséntanos a Marieta, unha nena de 5 anos que está rodeada de portas que se abren e contan historias, as cales teñen música e cantan cando a nena quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e que ninguén escoitou. Deste xeito, Pum Pum narra relatos cotiás que lles pasan aos cativos destas idades, pero tamén transmite unha mensaxe clara: desde moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

Finalmente, Anxo Moure achegarase o sábado 16, ás 12.00 horas, ao Centro Cultural Lustres Rivas para desenvolver o obradoiro-contacontos A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e ás súas familias, onde se reciclarán as malas novas sobre a violencia de xénero para transformalas en corazóns de papel reciclado. Ademais, terá lugar unha sesión de contos solidarios interpretados con monicreques de artesanía tecidos por cooperativas de mulleres dentro do comercio xusto. Neste senso, o Concello de Ribeira organiza actividades de dinamización da lectura coa finalidade de animar aos máis pequenos da casa a facérense socios da Biblioteca municipal, ao tempo que se coeduca en igualdade e se fomenta a transmisión interxeracional da lingua galega.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.