O Concello da Pobra convoca procesos selectivos para o nomeamento de persoal funcionario interino

31 Outubro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal aproba as bases reguladoras de dous novos procesos selectivos e efectúa a convocatoria das probas mediante unha oposición. Neste caso están orientadas á formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino pertencente ós subgrupos C1 e C2.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos de acordo co posto ó cal se presenten.

Deberase solicitar a participación mediante unha instancia, conforme o modelo que consta no anexo I das mencionadas bases, xunto coa documentación exixida. A entrega farase preferiblemente de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello da Pobra do Caramiñal no prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste 31 de outubro.

O trámite tamén se poderá realizar en calquera das formas determinadas no procedemento administrativo común das administracións públicas. Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios da Administración local e na referida sede electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...