As claves do envellecemento activo centran a apertura das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes

28 Outubro 2022

Coa conferencia Envellecemento activo, idadismo, soidade daban comezo esta semana as XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. Dita conferencia foi impartida por José Mª Failde Garrido, doutor en Psicoloxía pola USC e presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. O relatorio impartiuse na cafetaría da Casa de Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 50 persoas.

O acto foi inaugurado polo alcalde de Outes, Manuel González López, onde asistiu o Felipe Calle Vellés, director de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela. A persoa encargada de coordinar a actividade foi o doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, o relator foi agasallado con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 24 de novembro de 2022, baixo o título: Como está a pediatría a día de hoxe?, impartida pola doutora Marian Rodríguez Blanco, pediatra no Hospital do Barbanza. Celebrarase no Colexio de Ensino Primario da Serra de Outes.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.