Un morto no “Divina Pastora”. O pesqueiro vai tentar ser reflotado a primeira hora da tarde.

12 Novembro 2019

Un problema no motor é a primeira hipótese do embarrancamiento esta madrugada do pesqueiro “Divina do Mar” que se cobrou a vida dun mariñeiro no termo municipal de Porto do Son. O pesqueiro levaba nove tripulantes e era propiedade do patrón maior da Confraría de Portosín, Iván Carreño. O pesqueiro quedou sen maquina e colidiu contra as pedras e embarrancou contra as catro e media na zona de ‘Punta Focha’.

O falecido é José Manuel C. G., natural da veciña localidade de Noia, un mariñeiro experto que levaba moitos no mar. De momento se descoñece o motivo da súa morte. As primeiras informacións indican que se arroxou ao mar sen ir provisto do chaleco correspondente ao virar o barco e, por mor dese salto, impactou contra unhas rochas. Cinco tripulantes foron rescatados por pesqueiros que estaban na zona mentres que outros tres alcanzaron terra polos seus propios medios.

Emerxencias informou que finalmente foron un total de seis os pescadores que foron trasladados ao Hospital do Barbanza.

Nestes momentos procédese a asegura-lo barco ás pedras para que evitar que o mar o leve e están á espera de que chegue un remolcador .Sobre as catro da tarde vaise tentar reflotar o pesqueiro que quedou sobre as rochas. Interveñen efectivos de salvamento e remolcadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.