O Concello de Boiro organiza o Xantar da Confraternidade da Terceira Idade o 11 de novembro

27 Outubro 2022

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servizos Sociais e Benestar, organiza o vindeiro 11 de novembro, no Pavillón de Barraña, o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade deste ano 2022. Será vindeiro venres 11 de novembro ás 14.00 horas. As inscricións estarán abertas a partir do luns 31 de outubro no departamento de Servizos Sociais. Esta actividade retómase logo da paréntese da crise pandémica, durante a cal interrompeuse a súa celebración por motivos de seguridade. “Este xantar ten como obxectivo ofrecer unha xornada de ocio e confraternidade para os nosos maiores. Este ano será, se cabe, máis especial, porque non nos puidemos xuntar durante moito tempo”, recoñeceu o alcalde José Ramón Romero, engadindo que o cathering contará con música e baile.

Haberá dous prazos de inscrición, un para as persoas empadroadas en Boiro que será entre o 31 de outubro e o 4 e novembro, e un prazo para aquelas persoas de outros municipios, os días 7 e 8 de novembro. So se permiten reservas de dúas entradas por persoa, e sempre dispoñendo dos DNI dos solicitantes.

As persoas interesadas en asistir a este xantar deben dirixirse ao Concello de Boiro co seu DNI e preguntar na conserxería para recoller no departamento de Servizos Sociais a carta de pago da inscrición e o tícket de entrada.

“Dende o noso departamento traballamos para mellorar o benestar e calidade de vida de persoas con discapacidade, colectivos vulnerábeis e persoas maiores“, afirmou o concelleiro Raúl Treus.

Unha imaxe da última edición (antes da crise da COVID) do Xantar da Confraternidade da Terceira Idade

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.