O Concello de Boiro mellora a seguridade viaria na rúa Vimiero

25 Outubro 2022

O Concello de Boiro executa obras de acondicionamento e mellora na rúa Vimieiro, actuacións que complementan as que se están a realizar na avenida de Barraña, par mellorar a seguridade viaria e os equipamentos na zona. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron este martes 25 de outubro o lugar onde se están a executar as actuacións xunto co arquitecto municipal.

As actuacións, lembraron, contemplan “a execución dun tramo de beirarrúa para completar o carril bici que se vén de executar na avenida de Barraña e que une o centro urbano co paseo do río Breiro”. Con estas obras estase a realizar un tramo novo de beirarrúa “nunha zona moi céntrica e concorrida”, explicaron, engadindo que na zona realizouse tamén o cambio de sentido da rúa para aumentar a fluidez do tráfico. Amais, reorganizouse a zona de estacionamento para facilitar os servizos de carga e descarga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...