Chega ás rúas de Boiro unha nova campaña da ABE na que os protagonistas son os clientes do comercio local

25 Outubro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) lanzou unha nova campaña dirixida a impulsar o tecido produtivo local e a premiar, enxalzar e distinguir a crucial colaboración da cidadanía neste impulso. De feito, na nova campaña, materializada a través dos lemas Eu#ConsumoLocal e Eu#SonBoiro, as e os protagonistas son as e os clientes das empresas asociadas (un total de oito). As mensaxes a prol da defensa do comercio de proximidade que acompañan a campaña están xa nas rúas de Boiro. A iniciativa conta cunha parte física e outra online, a desenvolver en www.abe.gal e nas redes sociais que mantén a patronal na Internet.

O presidente da patronal boirense, Daniel García, no arrinque da campaña

Dende este martes 25 os rostros de oito clientes van a estar moi presentes na vida diaria da veciñanza de Boiro xa que coa primeira parte desta campaña instalaranse 50 pancartas, 2 monólitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas da localidade. Os protagonistas destas pancartas encargaranse de recordar cales son as razón polas que mercan na localidade e calen son os beneficios de consumir localmente.

En palabras do presidente da ABE, Daniel García, “a campaña ten como obxectivo concienciar á cidadanía dos beneficios de mercar en Boiro”

Os protagonistas e as frases

1. ISA – Porque me ofrecen asesoramento especializado.

2. SONIA – Porque cos negocios abertos Boiro é seguro, luminoso e ten mais vida.

3. DANIEL – Porque podo mercar produtos frescos e de tempada que son sinónimo de calidade.

4. COCÓ – Porque os negocios locais xeneran emprego para os veciños

5. ROSI – Porque colaboran coas actividades deportivas, sociais e culturais do pobo.

6. SARA – Porque favorecen a compra racional e unha economía sostible

7. DANIEL – Porque aforro tempo e podo dedicarllo aos que máis quero.

8. JOSÉ – Porque atopo artigos especializados que aportan exclusividade.

Parte online

García explicou que “en paralelo á parte física existe unha parte en liña na que cada semana farase unha publicación en redes e Web coas fotografías dos protagonistas e o venres as 12.00 horas lanzarase un vídeo protagonizado por estes mesmos protagonistas que será o punto forte da parte máis dixital da campaña”.

A iniciativa conta con financiamento da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Boiro que dende a alcaldía e a Concellería de Comercio ofreceron de novo a máxima colaboración para as actividades desenvolvidas polo colectivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.