A comunidade senegalesa celebrou en Ribeira a súa festa do Maoloud

11 Novembro 2019

Este 9 de novembro a comunidade senegalesa do mundo celebrou unha das súas grandes festividades: a conmemoración do Maoloud, que festexa o nacemento do Profeta Mouhamed (Mahoma) e que é un dos grandes acontecementos do calendario do devandito país africano (con importantes mobilizacións e peregrinacións a algunhas das principais mesquitas), un país que conta cunha importante representación nos nosos concellos.

Este sábado 9 de novembro, de feito, a Comunidade Senegalesa da Comarca do Barbanza reuniuse na carpa municipal de Ribeira para celebrar o nacemento do Profeta. No evento, segundo os responsábeis da Comunidade, reuníronse preto dun centenar de senegaleses e senegalesas residentes na nosa contorna.

A organización da celebración correu a cargo do devandito colectivo, e foi, nas súas palabras, “un auténtico acto de confraternidade” no que se recitaron parágrafos do Corán e cánticos propios de Senegal. Como se pode apreciar nas imaxes, boa parte dos asistentes acudiron vestidos con roupas tradicionais, “acordes ao acto de exaltación relixiosa”. Os festexos acompañáronse de gastronomía típica do país.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.