Sábado pasado por auga e lixeira soba das temperaturas

21 Outubro 2022

Non se agardan cambios significativos para o sábado, con Galicia na influencia das baixas presións que enviarán unha fronte a partir do mediodía. Así, comezaremos a xornada con alternancia de nubes e claros e co avance do día irán chegando as chuvias que comezarán pola franxa atlántica e se estenderán ao resto da Comunidade. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur.

Atención para sábado: Ventos fortes do sur.

Costa da Morte e Rías Baixas, en alerta laranxa por temporal costeiro este sábado

Temperatura do aire (°C)MINMAX 15° 22°
Temperatura da auga (°C) 16°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sudoeste á noite, forza 7 a 8 á mañá e á noite e 6 a 7 á tarde. Vaga á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:553.1 m
Baixamar08:531.1 m
Preamar15:053.3 m
Baixamar21:200.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:483.1 m
Baixamar08:461.2 m
Preamar14:573.3 m
Baixamar21:110.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:523.1 m
Baixamar08:501.1 m
Preamar15:013.3 m
Baixamar21:170.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.