Activada para este sábado unha alerta laranxa por temporal costeiro no oeste e suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra

21 Outubro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará ao mediodía de mañá sábado con vento do sur de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 5 metros do leste e suroeste.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Outros artigos

Venres con chuvias mais intensas pola tarde e baixa das temperaturas

Unha fronte asociada a unha borrasca centrada moi cerca de Galicia deixará ceos nubrados,con precipitacións que pola tarde serán máis intensos e poderán vir localmente acompañados de sarabia. A cota de neve baixará durante o día e pola noite quedará arredor dos 1200...

+

Xoves regresan os chuvascos e e baixan as temperaturas

Aumenta a inestabilidade atmosférica durante este día, con entrada de aire frío en capas altas. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados e chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado...

+

Martes, San Xurxo, sol e baixa da temperatura

O martes Galicia mantense na influencia do anticiclón, que se retira cara ó oeste deixando un réxime de ventos do norte que traerán unha masa de aire máis fría. Así, comezaremos a xornada cos ceos despexados e a partir do mediodía entrarán as nubes polo norte quedando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...