O BNG incide na posta en marcha do seguro colectivo para as perdas no sector marisqueiro no pleno municipal de Noia

18 Outubro 2022

O portavoz do BNG de Noia, Ricardo Suárez, vén de rexistrar unha iniciativa no pleno coa intención de instar á Consellería do Mar a “dotar dos suficientes medios económicos e humanos ao INTECMAR para que manteña unha actividade adecuada ás necesidades do sector marisqueiro, dando os resultados das análises antes das horas de traballo para que non se interrompa a posibilidade de saír ao mar nin se xeren perdas de miles de euros ao sector”.

A formación nacionalista presenta esta iniciativa despois de que na xornada de onte, cando a actividade marisqueira na ría de Muros e Noia leva case un mes de paro, o sector marisqueiro non tivera a oportunidade de saír a traballar porque o INTECMAR non obtivo os resultados das mostras para calcular a presenza de toxina ata a noite, cando estas mostras foran entregadas pola confraría na xornada previa, a do luns, ás 10 horas da mañá.

Unha situación ante a que a confraría de pescadores San Bartolomeu de Noia anunciou a presentación dunha queixa formal. Suárez afirmou que se trata “dunha situación que se repite no tempo e que xera perdas de miles de euros ás mariscadoras e mariscadores”, polo que requiriu “solucións inmediatas para que o INTECMAR funcione de forma que cubra as necesidades do sector”.

Ademais, o grupo nacionalista tamén pretende que a Corporación inste á Consellería do Mar a “poñer en marcha o seguro colectivo para cubrir perdas económicas no sector marisqueiro”. Unha cuestión que, segundo asegura o grupo, “xa fora anunciada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, na súa comparecencia para explicar os orzamentos para o ano 2022”.

Neste sentido, a deputada do BNG, Rosana Pérez, tamén presentou unha batería de preguntas no Parlamento galego dirixidas á Consellería do Mar, incidindo en “que xestións levou ou está a levar a cabo a Xunta para impulsar o seguro colectivo para cubrir perdas económicas no sector marisqueiro que anunciou hai un ano”, e en “cando ten previsto que se poña en funcionamento”. Pérez acentuou que “a situación que se está a vivir este ano, especialmente grave, require de maior axilidade aínda na súa contratación”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.