As aventuras do viquingo galego Emil preséntanse este venres en Rianxo

18 Outubro 2022

O escritor compostelán Emilio Vázquez Fernández vai presentar a súa nova obra literaria, Emil el rival, no Auditorio de Rianxo. Será este venres 21 de outubro, a partir das 21.00 horas.

Emil o Rival é a primeira entrega dunha saga viquinga, ambientada no século X, onde se narran as aventuras e desventuras dun cacique normando dende a súa nenez, cando é encarcerado aos oito anos como escravo nunha das incursións dos feroces guerreiros do norte polas aldeas asentadas na beira do río Ulla (que na novela figura como Volia), despois de ser brutalmente saqueadas e asasinados os seus habitantes. Este cativo, chamado Miguel, é adoptado en terras escandinavas polo nobre da rexión (o Jarl) e criado e instruído para a guerra, a morte e a destrución. Comeza así a lenda de Emil o Rival, un viquingo de ollos castaños e cabelo escuro e rizado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...