Este sábado celébrase unha sesión colectiva de pilates no Pavillón de Barraña

18 Outubro 2022

Este sábado 22 de outubro o Pavillón de Barraña acolle unha actividade deportiva e saudábel de pilates organizada por Pilates Boiro en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), no marco do programa local Miscelánea en Movemento, impulsado polo Concello para nenas e nenos e co obxectivo de fomentar a conciliación. Será ás 17.00 horas no Pavillón de Barraña. As inscricións cómpre facelas a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro, sendo 5 euros o custe da inscrición. Dende a organización lembran ás persoas que queiran participar que é preciso que leven colchoneta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.