O Concello de Riberia suspende temporalmente as autorizacións de concertos en tanto regula os criterios para a súa concesión

14 Outubro 2022

Á luz dunha serie de incidencias que se están a producir nos últimos tempos en relación á
celebración de concertos que precisan de autorización municipal (coincidencia de actuacións nunha mesma rúa, solicitudes sen antelación suficiente para a súa aprobación e notificación, extralimitacións nos horarios permitidos, instancias sen aclarar a utilización ou non de equipos de amplificación e a súa potencia, etc.) o Concello de Ribeira decidiu suspender temporalmente tales autorizacións en tanto se están acabando de regular diversos aspectos relacionados con esta actividade.
Prevese que nun prazo aproximado de dúas semanas estea finalizada tal regulación e que como moi tarde xa se poidan retomar os concertos na noite de Halloween do 31 de outubro. Entre os criterios que se pretenden incluír figura a solicitude de autorizacións cunha antelación mínima de sete días. A este respecto, aqueles locais e demais entidades interesadas en celebrar actuacións musicais na festa de Halloween poden ir presentando xa as súas instancias a través do Rexistro Xeral do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.