O Rotogal Boiro Voleibol confía en mellorar a faceta ofensiva contra o Léleman Valencia

13 Outubro 2022

M.A.- O Rotogal Boiro Voleibol recibirá pasadomañá na Cachada ao Léleman Valencia (19.00 horas), conxunto que se asentou na zona alta da clasificación da Superliga. Farao coa baixa de Martín Casais. No entanto, é probable que Pablo Nieto volva estar dispoñíbel no conxunto boirense despois de superar uns problemas físicos.

Sobre o xogo realizado nas dúas primeiras xornadas de Liga, o técnico Emilio Palacio manifesta
que “debemos mellorar sobre todo a parte ofensiva. No saque estamos bastante ben e na recepción estamos ao nivel dos outros equipos, ou mellor mesmo. Pero fáltanos contundencia, non podemos depender só de Gaby del Carmen”.

E engade: “Vimos de dúas derrotas seguidas, pero somos conscientes de como estamos e ao que podemos aspirar. Xogando como locais, sempre imos dar un puntiño máis”.

Acerca do Léleman Valencia, o adestrador afirma que se reforzou moi ben. “A chegada de Javier Monfort é un plus para o equipo e, coa incorporación de Scarpin, creo que van estar na parte alta da clasificación. Non me sorprende que gañen os dous primeiros partidos”, explica.

Choque do Rotogal co Léleman da pasada tempada

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.